Torneo de Conxo 25/08/17
Primer encontro, loitamos como sempre, demos a cara, competimos, pero a técnica individual do Oroso impúxose e perdimos 2-0
No segundo choque que foi desos que fan afición, ímpetu, moitísima intensidade, traballo táctico perfecto e nos primeiros intres a nova perla chegada de Arzúa destapou o tarro das esencias e clavou un auténtico golazo pola escadra. Todo o equipo traballando a reo e o pequeno 10 poñendo a máxia en Conxo, resultado final un 3-0 a prol do Amio SD.
O terceiro e último encontro saldouse cun axustado 1-0 para o equipo de Amio, acadando deste xeito a terceira praza do torneo.
Satisfactoria participación do Infantil de Galega no torneo de Conxo celebrado este Venres 25 de Agoto no Campo da Merced e obtendo un meritorio terceiro posto.
Bembibre, 18/08/17
Tamén no campo da Tilleira o Cadete xogou un partido amigable que e saldou cun claro 0-5 a prol do Amio S.D., bo o traballo de Kiko e Aitor ao fronte dunha plantilla con moitas incorporacións.
Primeiro test para Cadetes e Infantís de Galega, partido adestramento no campo do Sergas entre ámbolos equipos, momento para comezar a sentir as sensacións dun partido de fútbol.
Comeza a andaina do equipo Cadete, por terceiro ano conecutivo na categoría comarcal, cun adestrador experimentado na categoría como é Kiko, apoiado por Aitor como segundo adestrador, e cun equipo maioritariamente renovado.
Estaremos á expectativa da progresión deste equipo nesta tempada que comeza.
Comeza a súa andaina o Infantil de Galega, estreando este ano categoría e agardando que este reto que se nos presenta de competir a tan alto nivel sexa un estímulo para os rapaces que integran a plantilla así como para os seus adestradores Manu, Brais e Rafa.
Carretilla
Comezamos a nova tempada 2016/17, coa boa nova de ter un dos nosos equipos nunha categoría superior á do ano pasado, o noso Infantil dirixido por Manu finalmente acadou o ascenso á primeira, Parabéns ¡, esta é unha das razóns para comezar tan cedo este ano, por diante teñen un reto difícil pero apaixoante, manter a categoría.
Así pois o vindeiro Venres 5 de Agosto están convocados ás 17:30 no Sergas todos os xogadores de categoría Infantil, tanto aqueles que vaian a formar parte do Infantil A, que xogará na Primeira, como aqueles que integrarán o Infantil B (estamos cerrando a fichaxe do seu correspondente adestrador), a configuracion de ambos equipo farase ao longo da pretempada.
A seguinte categoría que se vai presentar é a Xuvenil, o día 17 de Agosto están convocados no Sergas, ás 21:00 horas todos os xogadores de categoría Xuvenil para iniciar a pretempada, durante a cal vanse ir perfilando os xogadores que formarán parte ou ben do Xuvenil A, adestrado por Justo ou ben do Xuvenil B, adestrado por David. Ambos equipos militarán na segunda Xuvenil, pero en diferentes grupos.
O Mércores 24 as 20:00 horas no Sergas farase a presentación e o primeiro adestramento da categoría Cadete, adestrado por Kiko, co obxectivo de manter a categoría na Comarcal, ao igual que tan esplendidamente se acadou o ano pasado.
Por último, pero non menos importante, o Fútbol 8 presentarase o primeiro Venres de Setembro, ás 18:30 no Sergas.
Coma sempre estamos expostos as variacións de horarios que dende as concesións do Concello nos poidan afectar, agardamos que non se modifique ningún dos horarios expostos na táboa seguinte.
Os adestramentos do Martes para os Xuvenís están pendientes de confirmar por parte do Concello, polo que rogamos que vos manteñades en constante contacto cos adestradores respectivos ou Coordinador ou Directiva en último caso.
Luns |
Martes |
Mércores |
Xoves |
Venres |
Sábado |
Domingo |
1 |
2 |
3 |
4 |
5 17:30 Presentación Infantís |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 17:30 Adestramento Infantil |
11 |
12 17:30 Adestramento Infantil |
13 |
14 |
15 |
16 |
17 17:30 Adestramento Infantil 21:00 Presentación Xuvenís |
18 |
19 Amigable Infantil Bertamiráns A 21:00 Adestramento Xuvenil |
20
|
21 |
22 |
23 21:00 Adestramento Xuvenil |
24 17:30 Adestramento Infantil 20:00 Presentación Cadete 21:30 Adestramento Xuvenil |
25 |
26 17:30 Adestramento Infantil 20:00 Adestramento Cadete 21:30 Adestramento Xuvenil |
27 Amigable Infantil Bertamiráns B |
28 |
29 |
30 21:00 Adestramento Xuvenil |
31 17:30 Adestramento Infantil 20:00 Adestramento Cadete 21:30 Adestramento Xuvenil |
1 |
2 17:30 Adestramento Infantil 18:30 Presentación Fútbol 8 20:00 Adestramento Cadetes/Infantil 21:30 Adestramento Xuvenil
|
3 |
4 |
O noso pb2 proclamouse recentemente campión da Liga de Futbol Sala de Santiago. Os pequenos, xa vencedores na edición pasada, revalidaron título logo de impoñerse por 6-3 ao Castiñeiriño, no partido disputado en Monte dos Postes.
O encontro, sacando os dez primeiros minutos, onde o Castiñeiriño foi dono do xogo e do marcador (2-0 perdiamos no minuto dez), estivo sempre controlado polo Amio que, si ben non amosou o xogo combinativo e brillante doutras ocasións, mostrouse moi efectivo de cara ao gol.
O consecución deste campionato danos a posibilidade de xogar, en próximas datas, o torneo provincial onde esperamos facer un gran papel.
Noraboa aos nosos campións.
Noraboa tamén, por suposto, a nais e pais de todos eles. Sin o seu esforzo e sacrificio, sábado tras sábado durante todo o ano, non serían capaces de conseguilo. GRACIAS...
J. Cea
Xa dicía meu pai que para traballar non... pero, para encher o estómago, nunca vai faltar xente. E para demostralo aí quedan estas fotografías. E, por certo, estou seguro que cando para o mes veña o San José e sexa o tempo de botar as patacas, todos imos atopar excusas para non axudar a pais e sogros pero despois ben que iremos comelas. Mellor calo.
Falando do torneo da pasada fin de semana, para comezar quero felicitar ao club de Padrón que nos convidou a participar un ano máis, invitación a qué respondemos con dous equipos prebenxamíns, un benxamín e dous alevíns; e en segundo lugar, non me queda máis remedio que congratularme por poder contar con Juanjo, Fran e con Roi. De Juajo: ¿Que dicir del? Ademáis de desenvolverse con maestría na dirección do equipo, é acolledor, atento, cariñoso e xusto cos nenos (subliño isto último porque, aínda que debera ser de obrigado cumprimento por todos os que traballamos con nenos, non sempre pode dicirse) e, aínda por riba, ten dotes de gran coordinador como quedou demostrado ó ser el quen atopou o restaurante para as case corenta personas que nos xuntamos do Amio A e B.
En canto ao torneo en si, quero diferenciar a parte deportiva da organizativa. A deportiva resultou todo un éxito con bos equipos dun nivel semellante, coa excepción dun de Ordes.
Na xornada do domingo, xogaron os alevíns. O Amio A gañou os dous primeiros partidos clasificándose para cuartos como primeiro de grupo. Mentres, o alevín B, que gañou un e perdeu outro na primera fase, clasificouse segundo e quedou emparellado en cuartos co noso equipo A. E, xa se sabe, os dous equipo son moi parellos en canto a calidade pero a diferencia de idade entre uns nenos e outros é aínda insalvable, polo que o equipo A venceu comodamente, mentres o B quedaba eliminado coa cabeza ben alta.
Xa en semifinais, o equipo A cruzouse co Victoria (líder da categoría no campionato de fútbol 8 de Santiago), perdendo ante eles por 3-1 despois de ir por diante no marcador e de estrelar tres balóns ó poste cando eles aínda estaban a cero. E, xa se sabe, que en fútbol non se pode perdoar. Por último, no encontro que decidiu o tercero e cuarto posto, volvemos caer, esta vez 6-4, contra o equipo ao que lle gañáramos na primeira fase e que conta con un cadro moi bo no que xogan dous nenos pertencentes ás categorías inferiores do Celta. Quizais, os sete xogadores dos que dispoñiamos é ir un pouco xustos pensando que ao final do torneo ían desputados preto de 120 minutos de moita intensidade. Aos nenos notábaselle a fatiga.
E xa no que respecta a parte organizativa, creo que é moi mellorable e con isto só quero ser constructivo. É absurdo dar un calendario de partidos e horarios ás dez da mañá para logo ir acumulando retraso tras retraso. Chegou un momento en que non sabiamos nin que partido se estaba xogando nin a quen lle tocaba entrar despois. Ao final da xornada o retraso acumulado era dunha hora e vinte. Moitísimo...
Os pais estaban molestos con razón: restaurantes reservados esperando pola xente para comer; xente comendo ás presas sen ningunha necesidade; e, ao final, equipos marchando sen recoller medallas nin trofeos porque era tarde e aínda quedaba a volta á casa. Unha mágoa.
En calqueira caso, tódolos que estivemos alí, desfrutamos dunha gran xornada futbolística.
Bo ambiente, bo fútbol e boa comida. Xa decía meu pai... para isto sempre hai xente.
J. Cea
Que volta tan amarga!! Que mal trago!!
Mañá, sábado, dirixerei o partido dos pequenos sen o sorriso do Yaguete.
A todos estes nenos téñolle un cariño especial, non en vano adestreinos durante todo un ano.Todos me fixeron rir nalgún momento, todos me sacaron de quicio nalgún outro, pero sempre foi un pracer
traballar con eles.
Mais teño que recoñecer que, sendo todos especiais, hai un que sempre me fixo comezar a adestrar cun sorriso na boca. É Yaguiño. Porque o seu sorriso de orella a orella é permanente e contaxioso. A
todos estes nenos vinos nalgún momento chorar de rabia, de impotencia, de dor... a él, tamén desde logo, non era unha excepción. Despois costábame que volveran recuperar o sorriso. Con todos, menos
con Yago. El chora rindo. Non hai más que ver a foto que ilustra este texto. Mirade a súa cara. Ante esta situación –na que lle cambiaron o seu “Dios balón” por un goteiro, a súa casaca
verdi-vermella por un soso pixama e a felicidade dos goles por incómodos e repetidos pinchazos–... o seu sorriso anímanos a todos.
Ese sorriso que amosa Yago, a pesar de tan fastidioso contratempo, dime que o mal tempo que reinará durante toda a fin de semana non será motivo suficiente para amargarme nin a min nin aos meus nenos
o día. Ese sorriso que ten Yago na cara dinos a todos que os nosos nenos teñen moita sorte de xuntarse e ir poder xogar cos seus amigos.
Ese sorriso danos a todos unha autentica lección de felicidade; de vida.
Por iso, mañá, contra o Fátima, no caso de gañar, non lle podemos adicar só a victoria. Sería moi pouca cousa... Yago merece moito máis. Adicarémosche un sorriso permanente toda a fin de semana.
Merécelo. Outra cousa sería decepcionarte.
Volta axiña... agardámoste co sorriso máis grande que endexamais lograrás ver.
J.Cea
Este ano a fastuosa carretilla que sorteaba o clube e cuxas rifas foron vendidas principalmente polos xogadores e xogadoras do clube, foi parar a mans de Raúl Álvarez, xogador do Benxamín B, e que está cuallando este ano, ao igual que os seus compañeiros de equipo unha moi boa tempada.
Parabéns para Raúl e máis para a súa familia, e moitas grazas a todos e todas os que colaborastes tanto na venda como na merca das rifas.
Bo Nadal.
15/11/2015
O pasado 11 de Novembro, antes do adestramento habitual dos Mércores os dous equipos xuvenís do clube foron convocados a unha charla didáctica onde se falou sobre as áreas nas que se divide a actividade deportiva (física, técnica, táctica e psicolóxica) e a súa relación entre elas, profundizando na relación entre a técnica e a psicoloxía. Tamén falamos da cohesión grupal e sobre todo da solidadidade dentro do grupo tan importante nestos deportes de equipo, todo ilo Ilustrado coa proxección de algúns vídeos e contando coa colaboración e a atención dos nosos xogadores, o que fixo que fora todo un pracer impartir a charla.
Esta é unha iniciativa do departamento psicolóxico do clube, un pequeno paso na procura dun salto de calidade na formación dos noso xogadores e xogadoras.
Tomás
Psicólogo Deportivo.
9/11/2015. AMIO
O pasado día 6, e como xa ven sendo habitual por estas datas, celebramos o magosto.
A nosa cabeza máis visible, o presidente, Varela (na foto arriba a dereita), foi o encargado de dar o pistoletazo de salida a xuntanza. Por suposto sempre contanto coa inestimable axuda dos Ángel Varela, Quique, Daniel, etc. para que todo salira a pedir de boca.
O bo fin de semana que veu fixo que moita xente non estivera, xa dende o venres, en santiago e que non houbera a ambiente que se esperaba. En calqueira caso os que foron desfrutaron de boas castañas e de boa conversa.
Unha vez máis felicitar, pola súa entrega e esforzo, aos nosos dirixentes.
23/10/2015. Amio
Marcándonos como obxectivo, a medio e longo prazo, convertermos nun club de referencia en Santiago e comarca, somos conscientes do importante que é a formación para logralo e de que necesitamos
dirixentes e adestradores cualificados. De aí, que non poidamos menos que felicitarnos polo feito de que Tomás Gómez, o noso coordinador de fútbol base e psicólogo deportivo, marcha nestes días a
Madrid para participar nun congreso de Psicoloxía Deportiva. Aprender, medrar, ser cada vez mellores é o reto que, como el, todos debemos marcarnos. Por iso, estamos convencidos de que é un luxo que
un profesional tan entregado e, como vemos, cada día máis preparado, supervise o traballo dos quince adestradores cos que contamos e dos que depende a educación deportiva dos nosos fillos.
Nesta liña, temos que salientar tamén que boa parte dos nosos adestradores do fútbol base, iniciarán o vindeiro 11 de novembro o curso para facerse co título de monitor que impartirá a Federación
Galega. Estes técnicos súmanse ós que xa obtiveron o título o ano pasado, o que se traduce na práctica en que o club contará cunha maioría de monitores titulados á volta das vacacións de Nadal.
Cos obxectivos claros e o camiño marcado, a nosa ilusión é percorrelo.
J. Cea
Adxunto á coordinación
7/9/2015. Amio
O pasado Venres 4 de Setembro tivo lugar no local do clube unha xuntanza informativa cos pais e nais dos xogadores e xogadoras do clube, en dúas convocatorias, a primeira cos pais e nais das categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín, e en segunda convocatoria cos pais e nais das categorías Infantil, Cadete e Xuvenil.
O obxectivo principal era o de expoñer as novas liñas mestras que vai tomar o clube na procura dun salto de calidade na formación educativa e deportiva dos nosos rapaces e rapazas.
Tamén foi un xeito de presentarme nas miñas novas funcións dentro do clube, as de coordinador do fútbol base e a de psicólogo deportivo.
Básicamente estas liñas pódense resumir na procura dunha formación baseada nos procesos máis que nos resultados coa finalidade que os nenos e nenas adquiran as habilidades adecuadas que lles axeiten na práctica deportiva, e este sempre sería o paso previo e imprecindible para que xa en categorías Cadete e Xuvenil o deportista aprenda a competir sempre no respecto do espíritu da deportividade.
Quixera agradecer a pais e nais a atención prestada en ambas xuntanzas e as achegas expresadas nas mesmas.
Tomás
Coordinador Fútbol Base
3/9/2015. Amio
Un ano máis comezamos a temporada e con ela aparecen os caóticos primeiros días. Para distribuir as instalacións que nos cede o Concello e, asinar as horas e campo de adestramento, de pendemos de moitas variables (esperar a que nos cedan as instalacións deportivas, o crecente número de equipos en tódalas categorias e a difilcultade de non poder contar cos nenos antes das 18.00 h por mor das clases) de ahí que non poidamos concretar definitivamente o campo, a hora e os días da actividade. Entendemos perfectamente o trastorno que creamos en todos vós estos primeiro días, xa que todo o mundo andamos a encaixar as actividades dos nenos. Dámonos toda a presa que podemos e, esperamos, salvo imponderables que no deberan de xurdir, que antes do comezo da escola, sobre o día 11, tervos preparados os horarios definitivos.
Agradecémos a vosa comprensión, e xa sabedes que para calqueira dúbida vos podedes poñer en contacto con nós.
Un saludo. Amio SD.
3/9/2015. Amio
Noraboa aos nosos compañeiros Juanjo, Roi e David, adestradores do club, xa que este ano comezarán o curso estreando o Título de Monitor de Fútol Base. Dende o Amio somos conscientes que a través da formación da nosa xente conseguiremos os objetivos marcados.
Ánimo e que o próximo curso vos vexamos co "NIVEL 2"