AMIO SOCIEDADE DEPORTIVA TEMPADA 2017/18
AMIO SOCIEDADE DEPORTIVATEMPADA 2017/18

Non teñamos présa, aínda é cedo

23/9/2015

Comentábanme o outro día a inquietude que amosaba unha nai polo posible estancamento do seu fillo, xa que argumentaba que o equipo deste ano quedou debilitado, con respecto ó do ano pasado, pola baixa de varios xogarores e que, como consecuencia, os resultados na competición non ían ser bos. Pois ben, teño que dicir que estou rotundamente en contra de tales argumentos.

O estancamento non é posible  _só o sería se o neno ou nena estivese mal adestrado, que non é o caso_. Ademáis, quero deixar claro que os resultados nos campionatos non marcan para nada a progresión dos nenos.

Os equipos deben ser planos, é dicir, non pode haber diferencias sustanciais entre as cualidades físico/técnicas dos nenos que están no mesmo grupo tanto para o bo desenvolemento dos adestramentos como dos partidos.

1.- Nos adestramentos. Os nenos teñen que facer os exercicios da maneira esperada polo técnico, é dicir, ningún neno debe realizalos mal por ser demasiado complexos para él e, ó mesmo tempo, todos teñen que verse obrigados a superarse para executalos correctamente.

2. Nos partidos. Todos os xogadores deben de participar do xogo. Trátase de que o tempo que estean no campo non só corran como se fosen a unha carreira popular mentres ven pasar adversarios ó seu carón, senón que o  que se busca é de que xoguen, de que toquen o balón, de que fagan regates, en definitiva, que se sintan xogadores. Por iso, no Amio estamos convencidos de que a dirección tomada co fútbol base é a correcta. Necesitamos agrupar aos nenos dependendo do nivel físico/técnico que amosen para que o explicado anteiormente acabe cumplíndose. No momento que advirtamos que un neno necesita máis, interviremos.

Buscamos dotar ós rapaces/rapazas de bos fundamentos técnicos individuais para que adquiran as habilidades que os fagan bos xogadores, e para iso o único indispensable e poñer á súa disposición ós mellores adestradores e non equipos que colleiten excelentes resultados nos campionatos. Que un neno se faga cunha boa técnica individual é un proceso lento, de anos, pero nós non temos présa; hai tempo, son aínda moi novos.  Cómpre subliñar que a Federación pon á nosa disposición diferentes niveis de competición (1ª división e 2ª  división) dentro da mesma categoría, para que os equipos que militen en calqueira delas sexan o máis iguais posible.

Por iso, tende paciencia e confiade en nós. Non teñamos presa, aínda é cedo.

Peque, adxunto da coordinación.

Actitude, que nunca falte

16/9/2015

Hai, aproximadamente, quince días que entrou en funcionamento a nosa páxina web. Como coordinador, propúxenme facer algo que tivese valor, estivese viva e non caese no esquecemento; por iso necesitaba colaboración para dotala de contidos e actualizala. E quen curiosamente mellor respondeu a este desafío foi o adestrador do noso equipo de segunda autonómica, Marcos Donicci, que é quen carga sobre as súas costas a sección “Primeiro equipo” coa crónica e fotos do partido e o análise da xornada, ademáis de contarnos como van os adestramentos. O seu labor, que agradezo, é encomiable.

Por iso, porque o que fai deixa ver que detrás hai un gran traballo, responsabilidade e profesionalidade, doume de conta da gran frustración que tivo que espertar nel o partido que fixo o noso equipo, que caeu 6-0 co Lamela. Un mal día, un día aciago, teno calquera, pero o que non pode faltar nunca, nin no fútbol nin na vida, É ACTITUDE. Sei que ao longo desta semana estará traballando arreo na mentalización dos nosos xogadores e que o vindeiro domingo cambiará tónica do equipo. Alguén tan profesional e rigoroso coma Marcos meréceo. Merece que amosemos outra ACTITUDE.

 

Peque, coordinador web