O CLUB AMIO foi fundado o 21 de outubro de 1964, pero a comezos dos anos 60 xa un grupo de rapaces do barrio xuntábanse para disputar partidos contra os de outras parroquias próximas: Verdía, Sionlla, San Marcos, Cruceiro, Cancelas, ata o ano en que decidiron federarse para competir en torneos de carácter oficial (liga e copa da Federación Española de fútbol).
Nas categorías inferiores tense disputado algunha final de copa nas categorías de infantil e cadete e obtido algún título de liga, como no 1996, cando os xuvenís
dirixidos por Manolo Brea proclamáronse con toda brillantez campións de liga e participaron na fase final de campións de toda Galicia.
Hoxe en día estanse conseguindo éxitos e títulos en varias das categorías inferiores, pero esto aínda non é historia, senón que é parte do presente do
club.