O club Amio foi fundado o 21 de outubro de 1964, pero a comezos dos anos 60 xa un grupo de rapaces do barrio
xuntábanse para disputar partidos contra os de outras parroquias próximas: Verdía, Sionlla, San Marcos, Cruceiro, Cancelas, ata o ano en que decidiron federarse para competir en torneos de carácter
oficial (liga e copa da Federación Española de fútbol).
Na década dos 70 o Amio reluce con luz propia acadando de xeito consecutivo tres ligas e tres copas de modestos de Santiago. Foi unha época na que os afeccionados
acudían masivamente aos partidos, sobre todo, naqueles de máxima rivalidade (San Miguel, Cruceiro e Victoria). Ademais destes éxitos tamén ten conquistados varios trofeos a deportividade.Tamén
participou no campionato galego de afeccionados onde chegou ata as semifinais xogando contra equipos como o Muros, Dena ou os vigueses de Bouzas.
Nas categorías inferiores tense obtido algunha copa e algún título de liga, como no 1996, cando os xuvenís dirixidos por Manolo Brea proclamáronse con toda
brillantez campións de liga e participaron na fase final de campións de toda Galicia.
Hoxe en día estanse conseguindo éxitos e títulos en varias das categorías inferiores, pero esto aínda non é historia, senón que é parte do presente
do club.
Do Amio saíron xogadores que chegaron a xogar na 2ª división A ou B, como Manolo Antelo, Jorge Varela, Carlos Antelo, Luís Caneda , Jorge Antelo, este último foi
traspasado ó At. de Madrid, o que supuxo unha inxección económica para o club.